Imprimir

REMATAN DOUS CURSOS DE FORMACIÓN EN INFORMÁTICA E EN TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO ORGANIZADOS POLO CONCELLO


31/8/2007

Os cursos organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias de Deseño Gráfico e de Técnicas de Búsqueda de Emprego celebraron hoxe, día 31 de agosto, a súa última xornada.

Estas dúas accións formativas organizáronse co obxectivo de ofrecer á mocidade lucense unha formación teórico-práctica para mellorar as súas habilidades informáticas e dar unha asesoría completa para a redacción dun curriculum vitae atractivo e organizar dun xeito práctico a búsqueda de emprego, respectivamente.

Ambos cursos tiveron unha duración de 14 horas e compaxinaron clases teóricas con actividades prácticas.

Os participantes no curso de Deseño Gráfico recibiron nocións básicas sobre o manexo de programas de deseño gráfico e multimedia como Gymp e Open Office.

O curso de Técnicas de Búsqueda de Emprego estivo dirixido a mozos maiores de 16 de anos de idade, que aprenderon a redactar o seu curriculum e cartas de presentación, ademais de organizar a búsqueda de emprego dun xeito efectivo.