Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza a V Festa dos Maiores con motivo do Día Internacional celebrado pola ONU na súa honra


# Martes, 04/09/2007
O prazo de inscrición estará aberto entre o 4 e o 12 de setembro. Terá lugar o día 1 de outubro no Parque da Milagrosa entre as 10:30 e as 19:30 horas.

A edil presentou a quinta edición da Festa dos Maiores que terá lugar o 1 de outubro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que conmemora desde 1990 a ONU.

Este día celébrase en todo el mundo de formas moi diversas e pretende fomentar a concienciación social sobre os beneficios da prolongación da vida para a humanidade e da necesidade de respetar os dereitos dos maiores e de coñecer as súas necesidades socioeconómicas e afectivas.

Carmen Basadre explicou que os actos festivos organizados polo Concello de Lugo buscan servir de xornada de convivencia entre os maiores e ofrecerlles actividades de lecer adaptadas aos seus gustos. A festa terá lugar no Parque da Milagrosa entre as 10:30 e as 19:30 horas.

Os interesados en participar poden inscribirse entre o 4 e o 12 de setembro nos distintos centros sociais municipais da cidade de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. Os veciños da zona rural póden tramitar as súas solicitudes poñéndose en contacto cos pedáneos correspondentes. O prezo de inscrición e de 7,50 euros por persoa. Os requisitos para poder asistir a esta festa é ser maior de 60 anos e estar empadroado en Lugo.

A cita dará comezo ás 10:30 coa celebración da recepción oficial por parte da Concelleira de Muller e Servizos Sociais, que abrirá o programa da festa a cal se prolongará todo o día coa realización dunha mostra de oficios e xogos tradicionais, entre outras actividades. Ás 12:00 horas o grupo Malvela ofrecerá unha actuación no Auditorio Gustavo Freire e ao seu remate celebrarase o xantar, cun menú composto por entrantes, polbo a feira, carne ao caldeiro e postre.

A sobremesa estará amenizada polo humorista Farruco, que actuará a partir das 15:30 horas. A sesión de baile dará comezo ás 16:30 horas co repertorio da Orquestra Supercombo, que tocará ata as 19:30 horas cando se producirá a clausura da xornada.

Todos os participantes recibirán un detalle de recordo e, tanto os matrimonios que celebren as súas vodas de ouro, como os maiores que cumpran cen ou máis anos, recibirán unha especial homenaxe e un agasallo especial.

A edil explicou “que é moi importante celebrar estes actos en homenaxe aos nosos maiores, cos que temos unha gran débeda, xa que nós somos o que somos grazas a eles, que son os responsables de transmitirnos a cultura e as tradicións”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova