Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os pasos procesionais protagonistas da festividade da Semana Santa


# Mércores, 04/04/2007
A Xunta de Confrarías e o Concello organizan estes actos festivos

Os días centrais da Semana Santa lucense acollen tres pasos procesionais organizados pola Xunta de Confrarías e o Concello. En todas as procesións estarán presentes membros da Corporación municipal acompañando aos participantes destas celebracións.

Na tarde do mércores tivo lugar a procesión do Cristo do Perdón, organizada pola Confraría do Perdón e Nosa Señora da Piedade. Este paso partiu ás 20:30 da Praza de Pío XII e acompañando aos fieis estiveron o Alcalde e varios concelleiros.

O xoves, día 5 de abril, terá lugar a procesión da Confraría Sacramental que partirá ás 18:55 horas do adro da catedral. O percorrido deste paso organizado pola Confraría Sacramental, seguirá as rúas do Bo Xesús, a Praza de Santa María e a Praza Maior e da a volta para rematar de novo na Praza de Pío XII. A Banda Municipal, que acompañará á comitiva procesional, presentará unha nova marcha de procesión composta por Rosendo Ivorra.

O venres, 6 de abril, continúa o programa especial de Semana Santa deseñado pola Concellería de Cultura e Turismo coa procesión do Santo Enterro, organizada pola Orde Franciscana Segrar e a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dolores de María Santísima. Este paso inicia o seu percorrido na Praza Maior e condúcese ata a Praza da Soidade onde se forma a procesión e inicia o ser itinerario por varias rúas do centro. Ás 20:15 horas incorpóranse ás demáis confrarías no fondo da Praza Maior.

O domingo, 8 de marzo, celébrase a procesión da Virxe do Rosario e do Santo Encontro, que está organizada polo Concello de Lugo. Este paso inicia o seu percorrido na esquina da rúa San Pedro coa Praza Maior ás 11:40. Os membros da Corporación municipal reúnense previamente na Casa Consistorial ás 11:30.

Programa completo da Semana Santa




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova