Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha mostra de pintura recolle instantáneas do centro de Lugo


# Luns, 09/04/2007
Esta exposición de Antonio Gónzález pode visitarse no Uxío Novoneyra até o 11 de maio

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañados dos Delegados das Consellerías de Presidencia e Educación, Begoña Santos e José Rábade, inauguraron esta mañá a mostra Crónicas de Lugo, do pintor Antonio González.

Esta exposición recolle 35 cadros realizados por este artista do detalle doutros tantos rincóns de Lugo. Complétase tamén coa publicación do libro no que se recollen todas e cada unha destas instantáneas cun texto alusivo.

Durante a presentación, o Alcalde suliñou a beleza da mostra por un dobre motivo “pola fermosura dos cadros e tamén pola fermosura da modelo”.

O Alcalde contemplou a mostra e indicou con tono humorístico que moitos dos defectos que tiñan estas rúas, referíndose a baches e charcos, xa están solucionados. Explicou tamén que o autor destaca a importancia de manter un equilibrio dos rótulos comerciais co seu contorno, “algo que moitos dos comerciantes poden apreciar nestas pinturas e que pode servir de exemplo”.

Antonio González, madrileño, desenvolveu toda a súa carreira profesional no mundo do xornalismo e na súa etapa de pintor destaca tamén a veteranía. A súa obra está espallada en numerosas coleccións particulares españolas e estranxeiras. Participou en certames colectivos sempre de carácter benéfico e a súa experiencia coas exposicións é recente. As súas mostras son monotemáticas sobre unha cidade e as súas mans recolleron xas os rincóns de Madrid, A Coruña, Ortegal e Santiago de Compostela.

Destaca no seu arte o detalle realizado coa técnica da acuarela e na que se transmite a esencia do contorno histórico de Lugo.

A mostra pode visitarse todas as tardes até a 11 de maio na sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova