Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello publica unha guía de orientación laboral con información para planificar con eficacia a búsqueda de emprego


# Xoves, 06/09/2007


A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou xunto á Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, e unha técnica do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, a Guía de Orientación Laboral que publica o Concello de Lugo.

Esta guía, elaborada cunha subvención do Plan Nacional de Drogas, foi deseñada para ofrecer unha información clara e concisa sobre como planificar dun xeito eficaz a búsqueda de emprego. Nesta guía, preséntanse unhas pautas para a redacción do curriculum vitae e de cartas de presentación, ademais de recomendacións para a preparación das entrevistas de traballo. O lector tamén atopará infomación básica sobre como localizar ofertas de emprego, tanto a través de internet, como en publicacións especializadas.

A edil explicou que “a necesidade de recopilar nunha guía toda esta información práctica e explicada dun xeito didáctico, fácil de entender e de manexar, foi detectada a raíz da celebración de varios cursos de formación para mozos e desempregados”. Con esta iniciativa, trátase de facilitar o acceso ao mercado laboral aos mozos e aos sectores poblacionais que sofren maior risco de exclusión social.

Carmen Basadre indicou que se editaron mil exemplares e se repartirán de xeito gratuíto nos centros sociais e dependencias municipais e nos centros de ensino, como nos institutos e nas facultades universitarias.

A concelleira resaltou a colaboración prestada pola Concellería de Emprego na edición desta Guía de Orientación Laboral e destacou que este traballo conxunto se manterá a través doutras outras iniciativas comúns.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova