Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa a aumentar o número de turistas atendidos en Semana Santa polo Concello


# Luns, 09/04/2007
A Casa dos Mosaicos mantén o número de visitantes e Porta Miñá empeza co relanzamento

Preto de 1.500 persoas foron atendidas durante a Semana Santa na Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución. Así o indicou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que fixo unha valoración moi positiva do volume de turismo rexistrado.

As estimacións en número de visitantes supoñen unha aproximación de trescentos máis que o ano pasado nestas mesmas datas. En correlación con estes datos, a Concellería e tamén a Xunta de Confrarías coincidiron en sinalar que o aumento de persoas que presenciaron as procesións foi moi superior ao aumento do turismo rexistrado.

Ademais, este ano aumentou tamén a participación de confrades en todas as irmandades e tamén o público asistente foi moi superior, co que se mantén o relanzamento desta celebración, que aspira a ser Festa de Interese Turístico Galego.

Respecto á procedencia dos visitantes, un tercio dos mesmos viñan de distintas partes da Comunidade Autonóma de Galicia mentres que os turistas estranxeiros supuxeron preto de 300. O resto proceden de distintas provincias do territorio nacional.

Destacan entre os estranxeiros a visita de franceses e xaponeses, mentres que os do resto de España procedían principalmente de Madrid e o País Vasco.

Os datos rexistrados pola Oficina de Turismo quedaron reforzados polos ofrecidos pola hostalería, onde prácticamente en todas as categorías tiveron unha ocupación do cen por cento o venres e o sábado, sendo moito máis frouxo o domingo e subindo do 80% o xoves. Estes datos confirmaron as previsións realizadas con anterioridade aos días festivos, onde as reservas eran xa moi elevadas.

CASA DOS MOSAICOS

Pola súa banda, a Casa dos Mosaicos rexistrou un total de visitantes de 841 en todos estes días festivos con un pico máximo de afluencia de 215 persoas o día 6 de abril, venres.

Así mesmo, o maior número de visitantes foi de procedencia galega mentres que do estranxeiro foron rexistradas 85 persoas.

A Casa dos Mosaicos estivo aberta todos os días festivos, xa que só pecha os luns por descanso de persoal. O mesmo horario rexe na sala de exposicións Porta Miñá, que esta Semana Santa recibiu un novo impulso con 141 visitantes. De feito, a sala está a rexistrar no que vai de ano un paulatino aumento de visitantes pasando dos 73 de xaneiro aos 252 de marzo. No que vai de abril o número xa é de máis de 130. O día de máis afluencia a este museo foi tamén o venres.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova