Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os diplomas dos cursos de verán organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias


# Xoves, 06/09/2007
Máis de cen persoas participaron nestas accións formativas

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entregou xunto á Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, os diplomas dos cursos de verán organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias nun acto que tivo lugar ás 12:00 horas deste xoves, no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra.

Máis de cen persoas de idades comprendidas entre os 8 e os 35 anos participaron nestas tres accións formativas:

- Curso de Primeiros Auxilios en caso de drogadicción

- Curso de Orientación Laboral

- Curso de Infromática

Os cursos desenvolvéronse ao longo dos meses de xullo e agosto e combinaron clases prácticas coa formación teórica. Estiveron dirixidos á mocidade lucense co obxectivo de ofrecer unhas actividades como alternativas de ocio saudable durante o verán á vex que formativas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova