Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal acolle unha sesión de animación á lectura


# Mércores, 11/04/2007
Será ás seis e media da tarde dentro do programa cultural elaborado pola Concellería de Cultura

A Biblioteca Municipal, situada no parque da Milagrosa, acollerá mañá, xoves, unha nova actividade organizada dentro do ciclo promovido para a animación á lectura e contacontos, que organiza a Concellería de Cultura de Lugo, que dirixe Concepción Burgo.

A actividade de mañá será unha sesión de animación á lectura a cargo de Fátima Fernández, que leva por título “Podesvir”. Como nas anteriores ocasións, será ás seis e media da tarde.

O programa que continúa mañá levarase a cabo entre os meses de marzo e xuño, todos os xoves cada quince días.

A próxima actividade será o 26 de abril e consistirá nun contacontos a cargo de Ana Carreira.

Este amplo programa que se inicia agora está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca, que xa están dando os seus froitos no aumento do número de préstamos e socios.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 22 de marzo e o 21 de xuño: contacontos, charlas sobre María Mariño (a escritora homenaxeada nas próximas Letras Galegas), talleres, actuación dun clown, varias actividades infantís dentro da Feira do Libro, etc.

Este programa de animación forma parte das políticas postas en marcha para impulsar a Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, adiantou que para o vindeiro mandato un dos obxectivos é aumentar o orzamento municipal nesta dotación, mellorar as súas instalacións, solucionar os problemas de falta de espazo, comprar máis fondos e organizar máis actividades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova