Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A igualdade de oportunidades será a protagonista das xornadas Muller, emprego e calidade social


# Martes, 25/09/2007
Os socios transnacionais do Proxecto Lugo Social darán a coñecer o traballo que realizan

Lugo acolle o xoves 27 e o venres 28 de setembro as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social. Esta actividade encóntrase enmarcada no Proxecto Lugo Social da Iniciativa Comunitaria Equal, e contará coa presenza do Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A Iniciativa Equal ten unha dimensión transnacional na que proxectos de distintos paises da Unión Europea intercambian as súas experiencias e boas prácticas na temática da inserción socio-laboral e da igualdade de oportunidades. Nesta ocasión, o proxecto Lugo Social contará coa presenza dos seus socios transnacionais: ós proxectos Syglisis de Grecia, e Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca).

Estas xornadas servirán para dar a coñecer o traballo que os distintos proxectos realizan no eido da igualdade e o emprego nos territorios nos que se implementan. Ademais, realizarase un achegamento a unha temática que está a despertar un grande interese nas empresas e administracións públicas: a Calidade social e a Responsabilidade social corporativa.

O salón de actos do Centro de Empresas e Innovación acollerá as xornadas que contan co seguinte programa:

Dia 27:

- 9:30 a 10:00 horas.- Entrega de documentación.

- 10:00 a 10:45 horas.- A muller rural. Unha oportunidade para todos e todas. Relator: José Luis Pascual Criado. Presidente da ADPIO “Rayando la igualdad” do Concello de Trabanca (Salamanca).

- 10:45 a 11.30 horas.- Proxecto Syglisis: Perspectivas e políticas de emprego femenino en Grecia. Relatora: Eva K.Xidopolou. Research Centre for Gender Equakity (KETHI) de Atenas.

- 12:15 a 12.30 horas.- Inauguración oficial.

- 12.30 a 13:15 horas.- A muller como elemento dinamizador do medio rural no municipio de Lugo. Relatoras: Paula Gamazo Medina, Coordinadora Xeral de Lugo Social, Mª Paz de la Fuente Romay e Hortensia López García da Asociación veciñal e xuvenil “O Castro” de Coeses.

- 14:15.- Comida e visita ó centro de dinamización social “O Castro” en Coeses.

Dia 28:

- 10:00 a 10:45 horas.- Que é a responsabilidade social corporativa? Marco conceptual. Relator.- Manuel Martínez Carballo, profesor da Área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña.

- 10:45 a 11.30 horas.- A experiencia en responsabilidade social corporativa de Caixa Galicia, por José Carlos Méndez Vázquez, ténico da área de Responsabilidade Corporativa de Caixa Galicia.

- 12:15.- Presentación do relatorio de Clausura pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Mández.

- 12:30 a 13:30.- Clausura coa intervención de Vicente Pérez Menayo, Conselleiro Subdirección Xeral de Relacións Sociais Internacionais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais: A calidade social. Un novo paradigma na unión Europea.

As inscripcións poderán realizaranse ata o mesmo día das xornadas a través da dirección de e-mail: promocioneconomicaarrobaconcellodelugo.org ou do número de fax 982 206 222.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova