Lugo acolle o xoves 27 e o venres 28 de setembro as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social. Esta actividade encóntrase enmarcada no Proxecto Lugo Social da Iniciativa Comunitaria Equal, e contará coa presenza do Alcalde de Lugo, José López Orozco.
A Iniciativa Equal ten unha dimensión transnacional na que proxectos de distintos paises da Unión Europea intercambian as súas experiencias e boas prácticas na temática da inserción socio-laboral e da igualdade de oportunidades. Nesta ocasión, o proxecto Lugo Social contará coa presenza dos seus socios transnacionais: ós proxectos Syglisis de Grecia, e Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca).
Estas xornadas servirán para dar a coñecer o traballo que os distintos proxectos realizan no eido da igualdade e o emprego nos territorios nos que se implementan. Ademais, realizarase un achegamento a unha temática que está a despertar un grande interese nas empresas e administracións públicas: a Calidade social e a Responsabilidade social corporativa.
O salón de actos do Centro de Empresas e Innovación acollerá as xornadas que contan co seguinte programa:
Dia 27:
- 9:30 a 10:00 horas.- Entrega de documentación.
- 10:00 a 10:45 horas.- A muller rural. Unha oportunidade para todos e todas. Relator: José Luis Pascual Criado. Presidente da ADPIO “Rayando la igualdad” do Concello de Trabanca (Salamanca).
- 10:45 a 11.30 horas.- Proxecto Syglisis: Perspectivas e políticas de emprego femenino en Grecia. Relatora: Eva K.Xidopolou. Research Centre for Gender Equakity (KETHI) de Atenas.
- 12:15 a 12.30 horas.- Inauguración oficial.
- 12.30 a 13:15 horas.- A muller como elemento dinamizador do medio rural no municipio de Lugo. Relatoras: Paula Gamazo Medina, Coordinadora Xeral de Lugo Social, Mª Paz de la Fuente Romay e Hortensia López García da Asociación veciñal e xuvenil “O Castro” de Coeses.
- 14:15.- Comida e visita ó centro de dinamización social “O Castro” en Coeses.
Dia 28:
- 10:00 a 10:45 horas.- Que é a responsabilidade social corporativa? Marco conceptual. Relator.- Manuel Martínez Carballo, profesor da Área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña.
- 10:45 a 11.30 horas.- A experiencia en responsabilidade social corporativa de Caixa Galicia, por José Carlos Méndez Vázquez, ténico da área de Responsabilidade Corporativa de Caixa Galicia.
- 12:15.- Presentación do relatorio de Clausura pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Mández.
- 12:30 a 13:30.- Clausura coa intervención de Vicente Pérez Menayo, Conselleiro Subdirección Xeral de Relacións Sociais Internacionais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais: A calidade social. Un novo paradigma na unión Europea.
As inscripcións poderán realizaranse ata o mesmo día das xornadas a través da dirección de e-mail: promocioneconomica@concellodelugo.org ou do número de fax 982 206 222.