Imprimir

O CONCELLO DE LUGO DESTINOU 55.000 EUROS PARA SUBVENCIONAR PROXECTOS DE COOPERACIÓN E SENSIBILIZACIÓN


2/10/2007 Un total de 15 ONG¿s recibirán as axudas

A Concellería de Muller e Servizos Sociais, dirixida por Carmen Basadre, destinou 55.000 euros para subvencionar proxectos de cooperación e desenvolvemento. A Comisión de Avaliación destinou 16.500 euros para as ONGs que realizan labores de sensibilización e 38.500 para os proxectos de colaboración. O aumento da partida en relación co ano anterior foi de 10.000 euros.

Proxectos de sensibilización

Os proxectos de sensibilización financiados cos cartos lucenses son os seguintes:

-Cova da Terra. Proxecto de dotación de recursos tecnolóxicos para o centro de recursos Kandaharia. Subvención: 3.300 euros

-Implicad@s no desenvolvemento. Proxecto Implícate en Lugo para a creación de clubs de desenvolvemento en centros educativos. Subvención: 3.300 euros.

-Meniños. Optou finalmente por subvención sen ánimo de lucro, de concorrencia competitiva, no lugar desta subvención.

-Médicos do Mundo. Proxecto: Un, tres, seis…algo máis que números. Trátase dun programa de sensibilización sobre obxectivos do milenio. Subvención: 3.300 euros.

-Enxeñerías sen fronteiras. Proxecto I Xornadsa de cooperación e desenvolvemento agrario. Total subvención: 3.300 euros.

-Amigos da terra. Xornadas itinerantes: medio ambente, a clave para acadar o desenvolvemento sostible a través da cooperación. Subvención 3.300 euros.

Proxectos de cooperación

As partidas dos proxectos de cooperación corresponden á seguinte relación:

-ACNUR. Proxecto de reintegración de refuxiados libaneses. Total: 3.090,84 euros.

-Taller de Solidaridade. Construcción dun local e equipamento para taller téxtil dirixido a mulleres filipinas. Total subvención: 8.758,65 euros.

-Solidaridade Internacional de Galicia. Proxecto de apoio ás mulleres na formación e producción en Thiaroyel. Non inclúe gastos de capital.

-FUDEN. Mellora do equipamento e material sanitario básico dos hospitais de Guinea Ecuatorial. Total: 5.815,68 euros.

-SED. Mellora da calidade educativa na Banlieu “La Zone” na cidade de Bouak. Total: 7.200 euros.

-Manos Unidas.- Apoio á mellora das condicións de vida das mulleres, Dedougou, Burkina Faso. Non inclúe gastos de capital.

-Asamblea de Cooperación pola Paz.- Mellora das condicións habitacionais, medioambientais e organizativas de 110 persoas… Inversión de 3.734,83 euros.

- Solidaridade Galega.- Nicaragua 2007: A formación sanitaria como vía de desenvolvemento. Total: 3.600 euros