Imprimir

UNHAS 1.500 PERSOAS ASISTIRON Ó XANTAR DO DÍA DOS MAIORES


3/10/2007 Homenaxeouse ós matrimonios que cumpren 50 anos de casados no 2007

A Concellería de Muller e Servizos Sociais, que preside Carmen Basadre, celebrou o pasado 1 de outubro un xantar de confraternización, dentro do programa de animación sociocultural, para festexar o Día dos Maiores. Á xuntanza asistiron 1.500 persoas.

A celebración tivo lugar no parque da Milagrosa, e o menú da comida constou de polbo á feira, terneira ó caldeiro, tarta de moca, vino e café.

O programa de actos iniciouse ás dez da mañá con xogos populares. Ás doce do mediodía a actuación de Malvela encheu o Auditorio Gustavo Freire. Despois do xantar actuou Farruco e se homenaxeou ós matrimonios que celebraban durante este ano as súas bodas de oro.

Os asistentes disfrutaron coa música e o baile da orquesta que actuou ata as oito da tarde, hora de saída dos autobuses cara os centros sociais e as diferentes parroquias de Lugo.