Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Drogodependencias informará nas festas sobre os efectos negativos do alcohol


# Xoves, 04/10/2007
A Concellería de Muller e Servizos Sociais realizará a cuarta intervención

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo realizará a súa cuarta intervención sobre os efectos negativos do alcohol entre entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 6 de outubro no fondo da praza de España.

A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no centro, lugar moi transitado durante a festividade local, especialmente entre as mozas e mozos. Os monitores da actividade informarán ós rapaces das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol. Trátase concienciarlles das súas responsabilidades e das consecuencias máis inmediatas: o perigo que ten mesturar alcohol e conducción, o ruído e a suciedade que producen cando fan botellón na rúa.

Esta é a cuarta intervención que se realiza na cidade. Nas anteriores ocasións, a iniciativa enmarcada dentro do Proxecto Creative, tivo lugar no parque Rosalía de Castro, zona elexida polos mozos lucenses para facer botellón. Os monitores afirman que a iniciativa tivo moi boa acollida entre os rapaces. Foron moitos os que se achegaron á mesa informativa para concienciarse do risco que supón o consumo excesivo de determinadas substacias dañinas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova