Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova actuación dentro do programa da Sociedad Filarmónica


# Mércores, 18/04/2007
Será o xoves no Círculo das Artes, ás oito e media

O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo continuará mañá, xoves, coa actuación da Orquestra de Cámara de Pforzheim. Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, ás oito e media da tarde.

A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.

A tempada actual prolongarase até o mes de xuño e nela se contempla a celebración de dez concertos, abrindo e pechando sempre coa actuación dunha orquestra.

O concerto de mañá inclúe obras de Haydn, Mendelssohn, Saint-Saëns e Janacek, a cargo dunha orquestra que destaca no panorama actual pola súa frescura e emocionante enfoque musical, así como pola súa diversidade estilística dende as orixes da música até a etapa contemporánea.

O conxunto componse de catorce músicos e é unha das poucas orquestras de cámara que traballa a tempo completo o que lle permite unhha excepcional riqueza e flexibilidade de son, que se mantén mesmo cando a orquestra se amplía con instrumentos de vento ou corda.

A Orquestra Filarmónica de Bohemia del Sur será a encargada de clausurar o programa deste ano o próximo 28 de maio, novamente ás oito e media no Círculo das Artes.

A información sobre o concerto pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova