Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo para presentarse ó premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero


# Luns, 15/10/2007
O gañador recibirá 600 euros e un agasallo

O luns día 15 de outubro remata o prazo para presentarse ó concurso organizado pola Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero. Ó Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.

Os deseños deben contribuir a destacar o tema da violencia de xénero, centrándose no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, testigos directos da violencia contra súas nais e sofren un abuso emocional.

Deberán incluir no cartel o título das xornadas, distribuido da maneira que elixa cada autor/a, e deberán figurar tamén o escudo do Concello de Lugo e o logotipo da Casa da Muller.

A autora ou autor do deseño que resulte gañador recibirá un premio dotado con 600 euros e un agasallo e o resto dos carteis presentados poderán ser expostos ó público.

A entrega dos orixinais debe facerse, por correo ou persoalmente, na Casa da Muller do Concello de Lugo. Avda. da Coruña, 212 (Chalet Parque da Milagrosa), ata as 13 horas do día 15 de outubro de 2007 de maneira anónima e baixo lema, en sobre adxunto pechado, indicarase o nome, enderezo e teléfono.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova