Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro Social Uxío Novoneyra recolle dez anos de traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade


# Xoves, 18/10/2007
A mostra da conta das diferentes áreas de actuación

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, inaugurou hoxe a exposición O Fondo Galego, dez anos con proxectos no Centro Social Uxío Novoneyra.

A exposición amosa os contidos do traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade en prol do desenvolvemento humano nos que están envoltos os concellos e deputacións provinciais, dentro dos que se encontra, dende hai cinco anos, o Concello de Lugo.

A Concelleira afirmou que “é unha satisfación servir de anfitrións para unha exposición coma esta que contribúe a amosar ó público que se achegue ata aquí o enorme traballo solidario que se está a realizar por parte das organizacións incluídas no Fondo Galego”.

Basadre indicou que a exposición é o reflexo dos proxectos que se levaron a cabo e que se están a levar a cabo polo Fondo Galego, e que sirven para que moitos nenos non morran de frío e de fame”. A Concelleira animou a todas as organizacións a seguir traballando nesta liña para loitar por un mundo máis xusto”.

Dividida en trece paneis, nos que se mesturan imaxes con texto, a exposición dará conta das diferentes áreas de actuación nas que se traballa e inclúe exemplos de proxectos de cooperación para o desenvolvemento ós que o Fondo destinou os seus esforzos, tanto económicos como humanos.

Neste acto inaugural participou tamén un contacontos solidario membro de Bicis pola paz e ofreceuse ós asistentes unha degustación de productos de comercio xusto a cargo de Solidariedade Internacional.

A sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra acollerá esta colección de paneis do 17 ó 25 de outubro.

Información dos paneis
O contido específico de cada un dos paneis é o seguinte:

-Panel número 1: O Fondo Galego. Datos básicos sobre a orixe, o funcionamento e os obxectivos do Fondo.

-Panel número 2: Convocatorias do Fondo e contrapartes máis destacadas.

-Panel número 3: A problemática da auga no mundo e un exemplo dos proxectos nos que o Fondo está implicado.

-Panel número 4: A problemática da vivenda no mundo. Proxecto para a rehabilitación de vivendas promovido polo Fondo en Cabo Verde.

-Panel número 5: O acceso a unha correcta alimentación como factor de desenvolvemento. Proxecto de formación en soberanía alimentaria desenvolto en Guatemala.

-Panel número 6: A saúde comunitaria como factor de desenvolvemento. Problemas derivados da falta de recursos sanitarios. Proxecto de saúde comunitaria en El Salvador.

-Panel número 7: O fortalecemento institucional como elemento do desenvolvemento humano. Proxecto capacitación e empoderamento levado a cabo en Honduras.

-Panel número 8: A problemática de xénero nos países do Sur. Proxecto de empoderamento feminino posto en marcha en Perú.

-Panel número 9: O medio ambiente e o desenvolvemento sostible. Proxecto de explotación sostible dos recursos en Nicaragua.

-Panel número 10: O Fondo de Emerxencia. A importancia das axudas puntuais de emerxencia. Programa de axuda alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís no deserto alxeriano.

-Panel número 11: A importancia da axuda e do traballo individual no desenvolvemento global. Pouco é moito. Proxectos de Bicicletas para a Paz.

-Panel número 12: Grandes apostas do Fondo Galego. Programas de implantación de infraestruturas básicas non países do Sur. A colaboración entre administracións. Plan Maestro para a recuperación do casco histórico de Santiago de Cuba.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova