Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo explica á Comisión Mixta para o estudo dos problemas de drogas o traballo feito polo Concello


# Venres, 26/10/2007
Participou nunha xuntanza dentro do III Congreso Luso-Galaico

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participaron nunha xuntanza dentro do III Congreso Luso-Galaico que se celebra en Santiago de Compostela, onde explicaron o traballo realizado dende o Concello en materia de Drogodependencias.

A cidade de Lugo está considerada un referente nacional debido á labor que realiza na educación, concienciación e prevención das drogodependencias.

O Alcalde de Lugo explicou ós compoñentes da Comisión Mixta os programas e cursos impartidos dende o Servizo de Prevención de Drogas, que está integrado na Concellería de Benestar Social dirixida por Carmen Basadre, así como a selección da cidade para formar parte do Comité Executivo da Comisión Interamericana para o control do abuso de drogas (CICAD) pertencente á Organización dos Estados Americanos.

A cidade de Lugo foi seleccionada polo seu bo traballo e dende xullo forma parte deste Comité da nova rede multilateral de “Alianzas estratéxicas entre América Latina e o Caribe para mellorar o tratamento e rehabilitación da dependencia de drogas”. O seu principal obxectivo é asesorar ás numerosas cidades hispanoamericanas, do Caribe e de Europa que entren a formar parte deste proxecto internacional no que colaboran a Comisión Europea e a CICAD.

Este punto foi o que máis chamou a atención ós participantes xa que Lugo foi seleccionada debido á recomendación feita pola Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas, que valora moi positivamente o traballo desenvolto na cidade polo Servizo Municipal. En xaneiro, este Servizo foi seleccionado por Europa tamén para formar ós primeiros técnicos en prevención de Rumanía.

O Alcalde explicou ademais o I Plan Municipal de Drogodependencias que nuns días será presentado a todos os lucenses. Este plan inclúe prevención e liñas de actuación en caso de adicción ás drogas, así como os factores de risco asociados ó consumo e unha avaliación de obxectivos do Plan Galiza sobre Drogas.

No acto estivo presente Lucila Corral Ruiz, Presidenta da Comisión Mixta e Carmen Moya, Delegada do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, entre outras autoridades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova