Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Representación de Nut Teatro, o domingo no Auditorio


# Martes, 24/04/2007
Escenificarán a obra ¿Corpos Disidentes¿ dentro do convenio cultural entre o Concello e o Igaem

 Compañía Nut Teatro representará o domingo, día 29, en Lugo, a obra “Corpos Disidentes”. Trátase dunha nova actividade cultural dentro do ciclo organizado conxuntamente pola Concellería de Cultura e Turismo e o Igaem.

A obra poderá verse no Auditorio Gustavo Freire, a partir das oito da tarde. A venda de entradas será a través do servizo de televenta de localidades de Caixanova no número 902 50 45 00 ou en www.servinova.com. Como sempre, poderán compranse dende unha hora antes da representación no propio Auditorio. O prezo oscilará entre os 7 e os 3 euros.

“Corpos Disidentes” é un espectáculo multimedia que se enmarca no teatro de tipo conceptual-performativo. As accións que as catro actrices realizan sobre a escena desenvolven as implicacións do prefixo TRANS-, reclaman do espectador a predisposición de iniciar viaxe a través das fisuras do visible e instalarse así na realidade que non se ve, pero que non por iso é menos realidade.

Corpos Disidentes estrutúrase en tres bloques: Construción, Reconstrución e Deconstrución, precedidos dun Prólogo e seguidos dun Epílogo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova