Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Plan Municipal de Drogodependencias marca a estratexia a seguir na prevención e tratamento das adiccións


# Martes, 06/11/2007
A implementación do documento abarca ata o ano 2010

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou o I Plan Municipal de Drogodependencias do Concello de Lugo.

Este plan foi elaborado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e inclúe as liñas de actuación en caso de adicción ás drogas, así como os factores de risco asociados ó consumo e unha avaliación de obxectivos do Plan Galiza sobre Drogas.

A Concelleira explicou que “o plan pretende organizar todos os servizos asistenciais dos que dispone Lugo: educativos, sociais, sanitarios, formativos e informativos para tratar e, sobretodo, prever as adicións”. A súa implementación e consolidación abarca desde este ano 2007 ara o 2010, ano no que se actualizará e se realizará unha nova programación trienal.

O obxectivo é instaurar estilos de vida positivos e saudables nos que as drogas non teñan cabida. E para iso é necesario coordinar todas as actuacións que se realicen na cidade en relación coa prevención das drogodependencias. A prevención persegue a sensibilización e mobilización da sociedade para xerar unha cultura de rexeitamento ás drogas mediante o fomento dos seus propios valores e recursos. ”Preocúpanos sobretodo o traballo na prevención, concenciar e informar, porque canto maior sea o coñecemento máis libremente se poderá decidir”.

Coa prevención se persegue atrasar a idade de inico de consumo e a modificación dasquelas condicións do contorno sociocultural que favorezan a aprendizaxe do comportamento do uso de drogas. Trátase de educar ós individuos para que sexan capaces de manter unha relación madura e responsable coas drogas e potenciar os factores de protección disminuindo, ó mesmo tempo, os de risco para o consumo de drogas.

Dende o Concello propóñense unha serie de programas e acticidades para acadar os obxectivos do I Plan Municipal sobre drogodependencias:

- Ámbito Educativo.- O programa Conecta para a educación infantil, primaria e secundaria: aumentar a participación no Programa de Prevención do Consumo de Drogas, certames educativos, o programa Cinensino, prevención a través do teatro, …

- Ámbito familiar.- Programa Lusco-Fusco: aumentar a participación dos pais nos obradoiros, asesoramento familiar, axendas escolares preventivas para as familias, divulgar información para as familias…

- Ámbito da saúde.- Formación do persoal sanitario, asinar un protocolo coas unidades lucenses de drogodependencias, actividades de reducción de consumo de tabaco e alcohol, aumentar o control da Lei Antitabaco…

- Ámbito da poboación xuvenil.- Aumentar obradoiros e debates nos centros sociais, aumentar a participación noas actividades de prevención, programas de ocio saudable, alternativas lúdicas para xóvenes lucenses, incluir actividades que conten con novas tecnoloxías…

- Ámbito Laboral.- Asinar un protocolo para control da publicidade e do patrocinio de calquera tipo de marcas de drogas legais e ilegais, vixiar os espazos sen fume, optimizar a información relacionada co tabaco, a deshabituación tabáquica, o alcohol e as drogas legais…

- Ámbito comunitario.- Actualizar a Información á poboación en xeral, conseguir unha maior participación e implicación dos lucenses na prevención, intervención e reinserción en caso de problemas derivados do consumo das drogas, coordinar o traballo dos técnicos en materia de drogodependencias cos corpos de seguridade de Lugo, celebrar as II e as III Xornadas de Prevención de Drogas, avanzar na investigación sobre hábitos de consumo, desenvolver actividades designadas polo CICAD, facer unha avaliación cualitativa e cuantitativa dos programas en materia de drogodependencias…

Loita internacional

A cidade de Lugo foi seleccionada para formar parte do Comité Executivo da Comisión Interamericana para o control do abuso de drogas (CICAD) pertencente á Organización dos Estados Americanos.

Lugo foi seleccionada polo seu bo traballo e dende xullo forma parte deste Comité da nova rede multilateral de “Alianzas estratéxicas entre América Latina e o Caribe para mellorar o tratamento e rehabilitación da dependencia de drogas”. O seu principal obxectivo é asesorar ás numerosas cidades hispanoamericanas, do Caribe e de Europa que entren a formar parte deste proxecto internacional no que colaboran a Comisión Europea e a CICAD.

A Cidade foi seleccionada debido á recomendación feita pola Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas, que valora moi positivamente o traballo desenvolto na cidade polo Servizo Municipal. En xaneiro, este Servizo foi seleccionado por Europa tamén para formar ós primeiros técnicos en prevención de Rumanía.

Descarga de Plan Municipal de Drogas: http://prevenciondrogas.lugo.es/docs/Plan_Municipal_Drogas.pdf




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova