Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

FIMOBLE, a Feira Internacional do Moble de Lugo abre as súas portas con altas expectativas de negocio


# Venres, 27/04/2007


Este xoves tivo lugar a inauguración oficial de Fimoble, Feira Internacional do Moble de Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O acto inaugural estivo protagonizado por Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, por José López Orozco, Alcalde de Lugo e polo Director de Fimoble, Juan Carlos López González.

Os tres destacaron a relevancia do sector madeireiro en Galicia, e en concreto, na provincia de Lugo. Neste senso, a industria do moble adquire unha especial importancia que se ve reflexada co nacemento desta feira en Lugo.
Do mesmo xeito, Fimoble nace coa aspiración de converterse na feira representativa do sector no noroeste penínsular. Noutras verbas, na feira internacional do moble de Galicia.
Finalmente, agradeceuse a presencia dos expositores que conforman Fimoble. O esforzo de moitos deles, algúns facendo miles de quilómetros (Portugal, Italia, e de toda a xeografía española, destacando Valencia), foi digno de mención e agradecemento por parte dos organizadores.

Ao acto de inauguración asistiron tamén Ramón Cortés, Delegado en Lugo da Consellería de Innovación e Industria; Alfredo Mosteirín, Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Lugo e Alberto Fernández Piñeiro, xerente da Cámara; Arturo Pereiro, alcalde de Castro de Rei e vicepresidente da Deputación de Lugo; Luís Abelleira, Presidente de APREVAR; José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio; Nivardo Rego, Presidente de APIEL; José Luis Otero, xerente de Fundiciones Pardo; José Alberto Díez De Castro, Concelleiro de Lugo; Eduardo Jiménez Domínguez, Presidente Executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL); Rubén López, xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Miguel Agromayor, presidente de la Federación de Comercio de A Coruña e presidente da Asociación de Empresarios do Moble de Galicia.

Horarios de Fimoble
Do 26 ao 29 de abril de 2007.
Inauguración, 26 de abril ás 12:15 horas.
Apertura só para profesionais do moble: do 26 ao 28 de abril, de 10:30 a 19.30 horas, ininterrompido.
Apertura para todo o público: domingo 29 de abril, de 10:30 a 19:30 horas, ininterrompido. Entrada: 3 € (gratuíta menores de 12 anos).
Servizos
Restaurante e cafetería, a cargo de Lugo Catering.

Máis información en: http://fimoble.feiraslugo.com/


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova