Imprimir

OS LUCENSES, A FAVOR DA DECLARACIÓN DA SEMANA SANTA COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO


2/5/2007

Un 73,38% dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es afirman estar a favor da declaración da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Galego, tal e como pretende a Concellería de Cultura, que está elaborando o dossier obligatorio para esta solicitude.

Nesta enquisa participaron máis de mil persoas, das que 783 están a favor desta medida mentres que 248 (o 23,24%) opinan que aínda non merece tal distinción. Pola súa banda, 36 persoas (o 3,3%) afirman non ter unha opinión definida.

A enquisa estivo activa dende o 4 de abril até esta mañá. Na web está aberta a participación nunha nova enquisa, na que se poderá indicar a intención de vestirse de romano para o Arde Lucus.