Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras do Centro Social de Entrecarrís que se constrúe no carril das Hortas avanzan a bó ritmo


# Xoves, 08/11/2007
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais guiou a visita que realizou o Director Xeral de Benestar Social ao edificio

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, guiou a visita ás obras de construción do novo centro social de Entrecarrís, situado no Carril das Hortas, que realizou o Director Xeral de Benestar Social, Bieito Seara, este xoves ás 12:30 horas.

A edil explicou que os traballos están moi avanzados xa que a estrutura do edificio xa está construída e os traballos de instalación de tabiques interiores que delimitan as distintas estancias están completados. Tamén, os operarios xa remataron a instalación dos elementos de seguridade e protección contra incendios do propio edificio. A superficie construída ocupa 3.440 metros cadrados dos que 3.077,78 metros cadrados corresponden á superficie útil, que está distribuída en dúas prantas e un baixo.

O centro social de Entrecarrís ten un orzamento de 2.444.955,81 euros, dos que o Concello de Lugo aporta o 75% do presuposto e o resto provén do convenio firmado entre a administración municipal co Imserso e a Consellería de Vicepresidencia co fin de dotar á cidade das infraestruturas de servizos sociais necesarias. O prazo de execución da obra é de 14 meses e remata en marzo de 2008.

Este proxecto partiu da Concellería de Muller e Servizos Sociais que ampliou a idea inicial de construir un centro social para integrar nun proxecto máis ambicioso un centro de día e un centro cívico co fin de aproveitar os recursos de espacio e de profesionais.

O Centro de Entrecarrís servirá para dotar á cidade dun gran espacio de convivencia e de atención ás persoas con dependencia. A edil explicou que os lucenses disporán de servizos gratuítos como unha biblioteca, varias aulas multiuso para actividades de ocio e formativas, un salón de actos equipado, espacios para a xuventude e contarán coa atención de profesionais cualificados.

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais destacou a importancia de crear un novo centro de día na cidade para prestar a atención que precisan as persoas con dependencia e os maiores. Este centro ofrecerá 50 prazas e estará dotado con instalacións completamente adaptadas ás normas de accesibilidade. Ademais contará cun equipo de profesionais formado por un fisioterapeuta, un médico, un psicólogo, terapeutas ocupacionais, enfermeiras e asistentes sociais, todos especializados en atención a persoas dependentes.

Este centro vai completar o servizo que vén dando o Concello no centro de Antonio Gandoy, nas Gándaras e coas prazas concertadas con dúas entidades privadas -Sanyres e Abrite.

Nos próximos días adxudicaranse as obras de construcción da Casa das Linguas e do Centro Social que se ubicarán na Piringalla. A edil explicou que o Concello quere racionalizar os servizos socias que ofrece de xeito que todas as zonas da cidade conten con este tipo de infraestruturas e que todos os cidadáns teñan acceso.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova