Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As fillas e fillos das vítimas de maltrato serán os protagonistas nas VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero


# Xoves, 08/11/2007
Non sexas un macho¿ sé un home, a nova campaña do Concello contra o machismo

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe as VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar en Lugo do xoves 22 ó sábado 24 de novembro. As xornadas centraranse no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, oas testemuñas directas da violencia contra as súas nais e que sofren un abuso emocional moi forte.

As xornadas abriranse co relatorio da psicóloga Sofía Czalbowski sobre a Intervención psicolóxica cos menores fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero. O avogado Santiago Míguez Caridad falará, despois da inauguración oficial, dos fillos e fillas que sofren a violencia machista nos seus fogares. Xa na xornada do venres Ángeles Sepúlveda, especialista en Medicina Legal e Forense, María Jesús Navarro, Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica, e Amalia Fernández, vicepresidenta da Asociación Estatal de Mulleres Xuristas, falarán dende a súa perspectiva laboral das outras vítimas do maltrato.

As presentadoras das ponencias serán tamén persoas destacadas na loita contra o maltrato: Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Mª Paz de la Fuente, presidenta da asociación cultural, xuvenil e veciñal O Castro de Coeses, Rocío Valcarcel, educadora da Casa da Muller, Mª Arsilia Díaz, Xefa da Unidade contra ó maltraro da muller na Subdelegación do Goberno de Lugo, e María Jesús González-Vara, avogada da Casa da Muller.

O programa inclúe talleres de igualdade para as persoas asistentes e para o público que desexe participar, e durante toda a semana haberá talleres para os rapaces nas ociotecas da cidade, nas aulas “Aprende xogando”. Como todos os anos terá lugar a ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia de xénero, o sábado, ás doce, na praza de Santo Domingo. Nesta homenaxe haberá un corcerto do cuarteto Camerata.

O deporte lucense tamén se unirá as reivindicación contra a violencia machista. No partido do CB Ensino de Lugo desa xornada repartiranse unhas 1.500 camisetas co lema da Casa da Muller Non estás soa. E poranse a venda, a un prezo dun euro, pins con mensaxes de igualdade. Os beneficios irá para os pisos de acollida da Casa da Muller.

O programa pode consultarse na web municipal www.lugo.es, onde se detallan os relatorios, talleres e mesas redondas que conforman as xornadas.

Como en anos precedentes, son gratuitas e abertas a todo o mundo. Os interesados en obter información adicional poden contactar coa Casa da Muller, no número 982 297 413.

Non sexas un macho… sé un home

A Concelleira tamén presentou a innovadora campaña de sensibilización contra o machismo realizada polo Concello de Lugo. Baixo o lema Non sexas macho… sé un home trata de concienciar da necesidade de acadar a igualdade entre homes e mulleres. A idea e chamar a atención da sociedade para facerlles ver a necesidade de compartir as tarefas domésticas.

Desde hoxe sairán a rúa un total de 1.000 lotes de costura e outros tantos de limpeza de calzado co lema impreso para chamar a atención e intentar facer reflexionar á sociedade sobre un tema de tanta importancia como é a igualdade. Como ven sendo habitual nas campañas a favor da igualdade entre xéneros que pon en marcha a Concelleira transgrede, unha vez máis as normas e denuncia unha situación real mediantes as mensaxes claras e directas. Campañas similares na loita contra as trabas machistas postas en marcha por Carmen Basadre foron: Igualdina 500 forte e El polvo es cosa de 2. Iniciativas que contaron cun forte respaldo dos homes membros do Goberno Local, especialmente do Alcalde de Lugo, José López Orozco, quen regalaba a caixa de medicamentos ou a gamuza das campañas a todas as parellas que se casaron na Casa Consistorial.

Basadre destacou a importancia que teñen as campañas deste tipo, en especial na actualidade, cando a violencia machista segue cobrándose a vida de demasiadas mulleres, 68 no que vai de ano e de 4 menores.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova