Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os maios celébranse esta fin de semana na praza Maior


# Mércores, 09/05/2007
Comezán cunha recollida de materiais no río

A Praza Maior acollerá esta fin de semana a tradicional celebración dos Maios polas rúas da cidade. Será, como en edicións anteriores, o grupo de recuperación etnográfica María Castaña o encargado da posta en funcionamento desta iniciativa.

O programa dará comezo o sábado, ás once e media da mañá, coa saída dos participantes do local de María Castaña, situado na rúa Chantada. Dirixiranse á beira do río, onde recollerán os materiais naturais para a realización dos maios.

A composición floral realizarase a partir das tres e media da tarde na praza Maior. Todo este proceso está aberta a participación a todos os que o desexen.

O domingo, a partir da unha, haberá cantos de Maios na praza Maior e posteriormente desprazaranse cara á praza do Campo e praza da Soidade. As coplas son alusivas á fin do inverno e inicia da primavera. Estarán representados os Maios de Carnota, os de Mondoñedo, Portomarín, Lugués, de Vieiero e o cónico.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova