Imprimir

UNHA OBRA DE MOZART PECHA O CICLO ÓPERA EN FAMILIA DO FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO XXXV SEMANA DO CORPUS


25/5/2007 A representación terá lugar este sábado no Círculo das Artes ás 18:30 horas

 ciclo Ópera en familia do Festival de Música Cidade de Lugo, XXXV Semana do Corpus pecha este sábado, día 26, coa representación da obra de Mozart Bastián e Bastiana, que terá lugar ás 18:30 horas no Círculo das Artes de xeito gratuíto.

A Orquestra Sinfonieta de Vigo acompañará ás voces do tenor Diego Neira, da soprano Gloria Romero e do barítono Luís Martínez. A dirección de escena corre a cargo de Xosé M. Rabón, que tras unha larga traxectoria profesional, na actualidade dirixe a súa propia compañía, Teatro da Betorda, e leva a dirección artística da empresa Bengala Producións. Está moi vinculado ao teatro galego e foi fundador da compañía Luis Seoane. Dende que en 1973 dirixira o seu primeiro espectáculo ata hoxe ocupouse da dirección de máis de corenta obras de teatro e óperas, entre as que cabe destacar: A esperar por Godot, O barbeiro de Sevilla, A Traviata, Otelo, Don Pasquale ou La Bohème.

A súa última montaxe é a ópera Bastián e Bastiana, que Mozart estreou en 1768 con doce anos de idade. Esta peza lírica consta dun só acto e dura 45 minutos nos que os protagonistas enrédanse nunha historia de amor e celos que remata coa proverbial intercesión dun mago.