Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausura do programa anual da Sociedad Filarmónica


# Venres, 25/05/2007
Actuará a Orquestra Filharmónica de Bohemia do Sur o luns no Círculo das Artes, ás oito e media

O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo chega o lun ao seu final coa actuación da Orquestra Filharmónica de Bohemia do Sur-Ceske Budejovice. Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, ás oito e media da tarde.

A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.

A tempada actual contemplou a celebración de dez concertos, abrindo e pechando sempre coa actuación dunha orquestra.

O concerto inclúe obras de Rossini, Dvorak, Chaikovsky e Beethoven. Creada no 1981, este conxunto acadou nos últimos anos, baixo a dirección nun primeiro tempo de Ondrej Kukal e máis recentemente de Jaroslav Kreck, o recoñecemento nacional e internacional como cohnxunto de calidades profesionais.

É a principal organizadora da vida musical do sur de Bohemia e conta coa colaboración artística de músicos de gran renome mundial, como o profesor Bretislav Novotny. Deu numerosos concertos en Europa e participou en festivais mundiais con xiras por Austria, Alemaña, Italia, Francia ou Suíza.

O seu amplo repertorio abrangue dende o barroco até autores comtemporáneos con ciclos de concertos onde adoitan aparecer os directores e solistas de toda Europa. Neste concerto este último papel estará a cargo de Simon Veis, ao violonchelo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova