Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurado o IV Salón do Automóbil de Lugo con 19 marcas e máis de 250 vehículos


# Venres, 25/05/2007


Hoxe venres día 25 de maio tivo lugar a inauguración oficial do IV Salón do Automóbil de Lugo, no hall do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O acto foi introducido por Luis Abelleira, Presidente de APREVAR, entidade organizadora da feira. Tras el interviu Ramón Cortés, Delegado en Lugo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que disculpou a ausencia do Conselleiro, Fernando Blanco, por imprevistos de última hora. Pechou o acto de inauguración Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo.

Ao acto de inauguración tamén asistiron José Reigosa, director do Parque Infantil de Tráfico de Lugo e do Parque Móvil; Carlos Herrero, Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo (USC); José María López Seijas, Presidente da Federación de Comercio de Galicia; Rosa Rois, Presidenta da Federación de Mulleres Empresarias de Galicia; José Manuel Díez de Castro, edil do Concello de Lugo; e Aurora Carro, Presidenta das Viuvas de Galicia.

Luis Abelleira, salientou o compromiso de APREVAR de celebrar o Salón do Automóbil cada dous anos e comprometeuse a levar a cabo a edición de 2009. Do mesmo xeito, ratificou o compromiso de organizar actividades no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A continuación, relatou datos relativos ao sector do automovil. Destacou o mérito dos concesionarios lucenses no relativo a baixada de ventas do sector: fronte á baixada nas ventas do 4% en España, en Lugo só oubo unha baixada do 2 %.

Do mesmo xeito, Abelleira destacou que o sector en Lugo mantivo e incrementou o número de postos de traballo: o 92% dos empleos na automoción lucense son fixos. Finalmente, a facturación dos concesionarios lucenses en 2006 foi de 300 millóns de euros.

Ramón Cortés, pola súa banda disculpou a ausencia do Conselleiro de Innovación e Industria e destacou un evento destas características revaloriza o sector do automóbil e a actividade do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Xosé Clemente López Orozco, salientou a importancia dun sector que a pesar dos vaivéns do mercado necesita sempre amosar os últimos avances e progresos.

O alcalde lucense tamén destacou o carácter esencial do automóbil como ferramenta de traballo e de ocio. Neste senso, recalcou a necesidade de acomodar as cidades aos últimos avances da automoción. E do mesmo xeito, insistiu na importancia da educación en seguridade vial.

Finalmente López Orozco, tamén agradeceu o esforzo dos concesionarios participantes no Salón, e felicitou a APREVAR pola súa promesa real de organizar o vindeiro salón do automóbil en 2009.

Horarios
Do 25 ao 27 de maio de 2007, de 10:00 a 21:00 horas.
Inauguración, 25 de maio ás 14:15 horas.
Entrada: 3 € (gratuíta menores de 12 anos).

Servizos
Restaurante e cafetería, a cargo de Lugo Catering.

Salón do Vehículo de Ocasión de Lugo
A vindeira semana, terá lugar o Salón do Vehículo de Ocasión de Lugo (1 ao 3 de xuño de 2007).

Aos participantes expositores do Salón do Automóbil está confirmado que se lles sume, para esta nova edición do vehículo de ocasión, o concesionario Autos Flores. De tódolos xeitos, queda por confirmar aínda a participación dalgún concesionario máis.

O certame, ao que se poderá acceder mediante unha entrada de 2 euros, reunirá máis vehículos que no Salón do Automóbil; segundo fontes da organización, arredor de 400 unidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova