Imprimir

A PRAZA MAIOR ACOLLE DENDE ESTA FIN DE SEMANA A XXV FEIRA DO LIBRO


10/5/2007 Concursos, sorteos, recitais, actividades musicais e presentacións de libros conforman o programa

Esta fin de semana arrinca na praza Maior a XXV edición da Feira do Libro, que festexa o cuarto de século de historia ininterrumpida cun programa completo e moi variado.

Así o anunciaron esta mañá o Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina, o o organizador da feira, Antonio Fernández Mayra.

Un total de dez stands, tres deles de Lugo e o resto das outras provincias galegas, conforman a oferta cultural desta edición. “O número de comerciantes é inferior ao de outros anos por coincide coa feira de Pontevedra, que cambiou a súa data no último momento”, explicou Antonio Fernández Mayra.

O programa elaborado para esta edición conta cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres.

Novamente, celebrarase un concurso de narración para os cativos e incorporaranse actividades musicais e un recital de poesía, sen esquecer as presentacións de libros.

Como sempre, manteranse os habituais sorteos de lotes de libros e o desconto do 10 por cento no prezo.

O Alcalde lembrou a importancia que teñen actividades como estas para seguir impulsando a lectura tradicional. “Aínda que nos atopemos nos tempos das novas tecnoloxías, o tacto, o olor e a sesación de ter un libro nas mans non poderá ser reemplazado por nada”, dixo.

Pola súa banda, Fernández Mayra indicou que a praza Maior é un marco magnífico para esta feira, o que fai que ano a no énchase de xente, tanto de visitantes como de libreiros e especialistas.