Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de dez mil persoas presenciaron os catro concertos do festival Interfolk


# Luns, 14/05/2007
Alan Stivell, Rosa Cedrón, José Mercé e María del Mar Bonet encandilaron ao público asistente

Preto de 10.000 persoas participaron na IV edición do Festival de Música Interfolk, que organizou a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo. Esta cita cultural, que se considera deste xeito totalmente consolidada, pretende converter a Lugo nun lugar de encontro de culturas do Camiño Primitivo.

Catro grandes representantes da música actuaron dende o xoves e até o domingo na praza de Santa María de xeito gratuíto. O concerto con máis afuencia foi o de José Mercé, o sábado, ao que asistiron catro mil persoas. O primeiro, o de Alan Stivell o xoves, contou con 2.700 persoas no público, cifra moi similar a de Rosa Cedrón, que foi vista por dúas mil persoas.

María del Mar Bonet, que actuou o domingo, foi o concerto menos numeroso debido ás inclemencias do tempo. De todos os xeitos, até 700 persoas se achegaron á praza para poder ver e escoitar en directa a esta coñecida artista nacida ao amparo da Transición.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, indicou que as cifras de asistentes ao festival melloran ano a ano o que “indica que temos que falar de total consolidación e de éxito sen precedentes nestes catro anos de historia do festival”. Indicou que até o de agora os concertos contaban cunha media de asistencia de mil persoas, co que as cifras de este ano rompen as estatísticas habituais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova