Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello enviará á Xunta a documentación para declarar a Semana Santa como Festa de Interese Turístico Galego


# Mércores, 16/05/2007
Ademais o Concello publicará un libro sobre estes festexos

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, adiantou que o Concello de Lugo vai enviar inmediatamente á Xunta de Galicia toda a documentación que acaba de editar en dous libros sobre a Semana Santa lucense para ser declarada Festa de Interese Turístico Galego. A intención do equipo de goberno é completar aínda máis esta análise histórica para presentar unha publicación sobre estas festas dirixida ó público en xeral.

“En tempo récord preparamos a documentación”, dixo Concepción Burgo ó tempo que amosou publicamente os dous tomos editados polo Concello coa memoria e a hemeroteca recopilada sobre a Semana Santa lucense. Nesta documentación reflíctese a importancia da Semana Santa na cidade, a súa influenza hoteleira, turística, etc. “Por vez primeira incorporamos de forma ordeada o arquivo fotográfico existente destas festas”, dixo. As primeiras noticias remóntanse ó ano 1874 e, desde entón, “pódese ver como cada vez foron máis atendidas polos medios de comunicación ata chegar, na pasada Semana Santa, ós medios nacionais”.

“Imos envialo á Xunta coa esperanza de que sexamos declarados Festa de Interese Turístico Galego e, neste traballo, quero agradecer a colaboración da Xunta de Confrarías, que nos permitiu facer un extenso traballo documental e fotográfico coa preparación, detalles, etc”, afirmou.

Pero, á marxe desta declaración, a Concelleira de Cultura e Turismo explicou que o Concello vai publicar un libro no que “ampliaremos a historia da Semana Santa porque descubrimos cousas interesantes e constatamos que sabese pouco dela”, dixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova