Imprimir

REMATA O DOMINGO A XXV FEIRA DO LIBRO


18/5/2007 Concursos, sorteos, recitais, actividades musicais e presentacións de libros conforman o programa

O domingo chegará ao seu final na praza Maior a XXV edición da Feira do Libro, que festexou este cuarto de século de historia ininterrumpida cun programa completo e moi variado.

Un total de dez stands, tres deles de Lugo e o resto das outras provincias galegas, conformaron a oferta cultural desta edición. O número de comerciantes foi inferior ao doutros anos por coincidir coa feira de Pontevedra, que cambiou a súa data no último momento.

O programa elaborado para esta edición contou cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres.

Novamente, celebrouse un concurso de narración para os cativos e incorporáronse actividades musicais e un recital de poesía, sen esquecer as presentacións de libros. O programa completo pode verse na web municipal.

Como sempre, mantense os habituais sorteos de lotes de libros e o desconto do 10 por cento no prezo.

Pola súa banda, Fernández Mayra, organizador deste evento, indicou que a praza Maior é un marco magnífico para esta feira, o que fai que ano a no énchase de xente, tanto de visitantes como de libreiros e especialistas.