Imprimir

SATIFACCIÓN DOS ORGANIZADORES NO PECHE DA XXV FEIRA DO LIBRO


21/5/2007 O día 30 de xuño abrirase unha nova edición da Feira do Libro Antigo

O domigno pechou na praza Maior a XXV edición da Feira do Libro, que festexou este cuarto de século de historia ininterrumpida cun programa completo e moi variado. Segundo indicaron os organizadores, o representante da Federación de Libreiros, Antonio Fernández Mayra, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o resultado foi moi satisfactorio.

Un total de dez stands, tres deles de Lugo e o resto das outras provincias galegas, conformaron a oferta cultural desta edición. O número de comerciantes foi inferior ao doutros anos por coincidir coa feira de Pontevedra, que cambiou a súa data no último momento. Aínda así, os resultados de visitantes e compras foron moi bos, agás nos días de choiva, nos que notouse unha importante baixa.

O programa elaborado para esta edición contou cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres. Estas foron moi valoradas e seguidas por un  elevado número de persoas, para satisfacción dos organizadores.

Novamente, celebrouse un concurso de narración para os cativos e incorporáronse actividades musicais e un recital de poesía, sen esquecer as presentacións de libros.

Como en anteriores edicións, realizáronse sorteos de libros e concursos nos que se repartiron os premios o último día da feira, cunha ampla presencia dos participantes, a pesar do mal tempo. A Concelleira de Cultura foi a encargada de repartir os galardóns.

Recuperando a tradición do ano pasado, o próximo 30 de xuño abrirá na praza Maior a Feira do Libro Antigo, que permanecerá ofertando o seu material até o 15 de xullo.