Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal acolle este xoves unha sesión de contacontos para nenos


# Mércores, 23/05/2007
Esta actividade encádrase dentro do programa de animación á lectura promovido polo Concello

A Biblioteca Municipal, situada no parque da Milagrosa, acollerá este xoves, 24 de maio, ás 18:30 horas unha sesión de contacontos a cargo de Fran Insua titulada “Contos para ollos e orellas”.

Esta actividade encádrase dentro do programa de animación á lectura promovido pola Concellería de Cultura e que comenzou a desenvolverse o pasado mes de marzo e que propón unha cita os xoves cada quince días. Está dirixido a nenos de 3 a 12 anos e xa está a obter os seus resultados co notable aumento no número de préstamos e de socios que experimentou nos últimos tempos.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 22 de marzo e o 21 de xuño: contacontos, talleres, a actuación dun clown, etc.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova