Imprimir

O 68% DOS LUCENSES COMPRA LIBROS DURANTE TODO O ANO


29/5/2007

Un total de 68,32% dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web manifestan comprar libros durante todo o ano, fronte ao 17,64% que di que non compra en ningunha ocasión.

Nesta enquisa participaron unhas 221 persoas, que tamén o optaron por outro tipo de opcións. O 6,7% afirman mercar libros só aproveitando a celebración de feiras e outros eventos culturais mentres que o 4,5% di que só o fai para agasallo e o 2,7% estando de vacacións.

A enquisa estivo activa dende o 18 de maio até esta mañá. Agora os que o desexen poderán participar no sondeo co que se tentará establecer a actividade cultural preferida polos lucenses.