Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata esta semana o programa das VIII Xornadas de Artes Escénicas


# Domingo, 10/06/2007
Haberá unha obra de teatro, danza e a proxección de curtos no Centro Social de Fingoi

O Centro Social de Fingoi acollerá esta semana as tres últimas actuacións da oitava edición das Xornadas de Artes Escénicas, organizadas pola colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social, a Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.

Esta mostra foi creada para incentivar o teatro nos centros educativos, como un lugar de práctica e de ensino. Así, este ano participan un total de 14 grupos, que ofrecen 20 actuacións, todas elas no marco do Centro Social de Fingoi.

Estas actuacións están elaboradas para os grupos de escolares e abertas tamén ao público en xeral. Ademais, os actores conforman grupos entre os que figuran alumnos dende Infantil até Bacharelato de toda Galicia. Todas as obras son gratuítas e abertas a toda a a poboación.

O luns terá lugar a última representación teatral, a cargo dos alumnos de sexto de Primaira do colexio Fingoi. Terá lugar ás once e media co título “A caracola perdida no Caurel”. O martes será a vez das proxeccións do curtos presentados polos lucenses. Poderán verse a partir das doce da mañá. A danza será a arte encargada da clausura, coa actuación do grupo de danza da Escola de Arte e Lecer, ás doce e ás seus da tarde, co título “Máis alá dos soños”.

Aínda que todos os centros educativos xa recibiron invitacións para asistir ou formar parte da exhibición, mantense aberto o prazo de solicitude de reserva de público para grupos de alumnos. Esta pode realizarse nos números de teléfono 982 221630 ou no 982 251536.

Como sempre, o programa pode consultarse na web municipal, www.lugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova