Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello estudará a ampliación dos elementos catalogados dentro do PXOM


# Mércores, 07/03/2007
A Comisión de Planeamento reuniuse esta mañá para avaliar o informe negativo emitido pola Consellería de Cultura

A Comisión de Planeamento avaliou cales son as competencias municipais e en qué outras se está a extralimitar a Consellería de Cultura no seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concelleiro de Urbanismo tamén anunciou que nos próximos días o equipo de goberno convocará a todos os grupos políticos para analizar se é preciso incrementar o número de elementos catalogados do PXOM.

“A Consellería de Cultura está vulnerando competencias municipais”. Esta foi unha das conclusións do equipo de goberno despois de analizar o informe emitido por esta Consellería sobre o PXOM lucense. Por iso, o Concello aceptará melloras en asuntos como Santa Eulalia de Bóveda, as Termas Romanas ou o castro de Albeiros porque “son evidentes”, así como subsanará erros materiais de determinadas fichas. Sen embargo, non permitirá que Cultura se extralimite nas súas competencias en Lugo.

“É un informe despreciable desde o punto de vista de cales son as competencias da Consellería de Cultura”, afirmou José Ramón Besteiro, ó tempo que demostrou con exemplos a escasa rigurosidade deste informe. Para Besteiro, Cultura non fixo os seus deberes, por exemplo, “non delimitou o Camiño Primitivo e impón maior protección que ó Camiño Francés”.

Elementos catalogados
O voceiro do equipo de goberno informou tamén que están a estudar a ampliación de elementos catálogados no PXOM, tema que abordarán proximamente nunha reunión “porque o temos que decidir os partidos políticos, non por imposición dunha Consellería fóra das súas competencias”.

Para o equipo de goberno é “unha curiosa coincidencia” que a Consellería presentase a mesmas alegacións, na mesma orde e mesma redacción que o grupo municipal do BNG. Se se comparan, son paralelos. “Quen foi antes: a galiña ou o ovo?”, preguntou retoricamente José Ramón Gómez Besteiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova