Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A danza e o cine pechan a oitava edición do programa de Xornadas de Artes Escénicas


# Luns, 11/06/2007
Este martes celebráranse as dúas últimas actividades no Centro Social de Fingoi

O Centro Social de Fingoi acollerá este martes, día 12 de xuño, as dúas últimas actuacións do programa VIII Xornadas de Artes Escénicas, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social en colaboración coa Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.

A danza e o cine serán as artes encargadas de pechar estas xornadas. A partir das doce da mañá, terá lugar a proxección de curtametraxes elaborados polos participantes en Curtocine Fingoi. Por outra banda, o grupo de danza da Escola de Arte e Lecer ofrecerá dúas actuacións do espectáculo “Máis alá dos soños”, a primeira ás 12:00 horas e a segunda ás 18:00 horas, coa que se clausurarán as xornadas.

Este programa foi creado para incentivar o teatro nos centros educativos, pois funcionan como un lugar de ensino e de práctica desta arte. Este ano participan un total de 14 grupos que ofrecen un total de vinte actuacións no Centro Social de Fingoi.

Estas actuacións son gratuítas e están destinadas aos escolares da cidade e tamén ao público en xeral. Ademais, os actores conforman grupos entre os que figuran alumnos de Infantil e Bacharelato de toda Galicia.

Aínda que todos os centros educativos xa recibiron invitacións para asistir ou formar parte da exhibición, mantense aberto o prazo de solicitude de reserva de público para grupos de alumnos. Esta pode realizarse nos números de teléfono 982 221630 ou no 982 251536. Ademais, o programa pode consultarse na web municipal




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova