Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os grupos políticos acordan numerosas catalogacións de edificios públicos no novo PXOM


# Venres, 23/03/2007
O Concello estuda non catalogar a estación do tren para evitar hipotecar a futura estación do AVE

Os grupos políticos acordaron numerosas catalogacións de edificios públicos para o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. A defensa da autonomía municipal e un alto grao de consenso presidiron esta xuntanza, que continuará o vindeiro venres coa avaliación de catalogacións de edificios privados e o estudo do Camiño de Santiago. O voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, deu conta dos resultados obtidos.

Os grupos políticos reuníronse para avaliar os edificios públicos catalogados que deben incluirse a maiores no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O consenso foi moi elevado en varias cuestións como o Hospital de Calde, o Hospital de San Xosé, o corpo central do edificio do Parque de Bombeiros, os institutos Feminino e Masculino –entre outros-, igrexas como a de San Antonio ou Francisco Javier, o antigo colexio Menéndez Pelayo, a parte antiga do Cemiterio de San Froilán, etc. Todos eles estarán catalogados no novo PXOM.

Despois houbo acordos maioritarios entre o Partido Socialista e o Partido Popular como protexer os achádegos arqueolóxicos de San Roque pero non a construción do museo, que non é emblemática. No tocante ó Parque de Frigsa, non se pode catalogar a totalidade do mesmo aínda que se está a analizar cómo protexer algunhas das súas características. “Hai que ser escrupuloso nas catalogacións”, explicou José Ramón Gómez Besteiro.

Con respecto á estación do ferrocarril, o Concello estuda non catalogala tendo en conta o informe do Arquitecto Municipal. Segundo os técnicos, o edificio non ten o valor arquitectónico para ser catalogado e para o equipo de goberno “pode estar alí a nova estación do AVE, polo que non queremos condicionala”.

Besteiro explicou que se establece unha protección xenérica con respecto ós hórreos, cruceiros e lavadeiros que abundan na zona rural. Sen embargo, os grupos van establecer un límite temporal para que sexan catalogados, que pode estar entre os 50 anos ou 75 de antigüidade. Tamén desaparece a referencia a conxuntos arquitectónicos rurais, ó estar perfectamente regulado pola nova Lei do Solo.

Protección das Termas

Con respecto á area de protección das Termas Romanas que propuxo o Partido Socialista nesta xuntanza, o Concelleiro explicou que “o ámbito de protección é axeitado e aceptado por todos”. Ademais está dacordo co Plan de Protección Especial do Miño.

O vindeiro venres continuará o estudo das catalogacións nunha nova reunión que tentará buscar o consenso no tocante a edificios privados e ó Camiño de Santiago.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova