Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A ópera e a canción rusa, protagonistas do novo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo


# Venres, 01/06/2007
A actuación terá lugar o martes, día 5, ás 20:30 horas no Círculo das Artes

O Festival de Música Cidade de Lugo XXXV Semana do Corpus continúa a vindeira semana cun concerto sobre a ópera e a canción rusa. A actuación gratuíta terá lugar o martes, día 5 de xuño, ás 20:30 horas no Círculo das Artes.

O pianista Julius Drake acompañará ao tenor Daniil Shtoda, que interpretará as pezas máis representativas da lírica de Rusia. O programa divídese en dúas partes, na primeira parte os dous músicos presentarán obras de Mikhail Ivanovich Glinka, Pyotr Petrovich Bulakhov, Reinhold Gliere e Mily Balakirev. No segundo acto, representarán creacións dos compositores Pyotr Ilyich Tchaikovski e Sergei Rachmaninov.

O tenor Daniil Shtoda conta cunha larga trxectoria profesional aos seus trinta anos. O pasado mes de outubro recibiu o Gran Premio do Concurso Rimski-Korsakov de Novos Cantantes en San Petersburgo e no 2000 xa foi recoñecido co segundo premio do concurso internacional Operalia, que foi creado por Plácido Domingo. O seu talento como recitalista levouno xa polos mellores escenarios do mundo, como o Auditorio do Louvre, o Concertgebouw de Amsterdam, o Carnegie Hall ou a Ópera de Lausana, entre outros.

O pianista Julius Drake está especializado en música de cámara e acompaña ós mellores artistas vocais do panorama internacional. Na súa traxectoria profesional acumula actuacións ante os auditorios máis esixentes do mundo como o público do Festival de Edimburgo ou do Inciln Center de Nova York. Este pianista compaxina as súas actuacións co ensino de música en clases maxistrais en Amsterdam e Oxford e coas súas gravacións de diversos autores de primeira liña.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova