Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Salón do vehículo de Ocasión de Lugo abre as súas portas con altas expectativas de negocio


# Venres, 01/06/2007


A 5ª edición Salón do Vehículo de Ocasión de Lugo, abriu hoxe as súas portas no Pazo de Feiras e Congreso de Lugo con altas expectativas de venta. Os máis de 9.000 metros cadrados do recinto ferial lucense albergan dende hoxe e ata o vindeiro domingo 3 de xuño perto de 500 vehículos, de todas as gamas e con todo tipo de prezos.

En concreto, son 14 concesionarios: Autos Flores, Autotracción, Lugauto, Martínez de Lugo, Lugocar, Lugomotor, Automoción La Junquera, Roysan, Anigasa, Ditram Automoción, Sport Auto, Gestoso, Ceao Motor, Balpersa e a financieira Hispamer.

APREVAR, entidade organiadora dos Salóns de Vehículos en Lugo, reúne nesta edición do Vehículo de Ocasión, automóbiles de todas as gamas, de segunda mano, tunning e kilómetro cero. Espérase que o volume de ventas sexa elevado, dado o éxito que se produciu no Salón do Automóbil, celebrado no mesmo escenario a pasada fin de semana.

Acto Inaugural do V Salón do Vehículo de Ocasión

A inauguración do V Salón do Vehículo de Ocasión contou coa presencia de Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; de Ramón Cortés, delegado en Lugo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia; e Luis Abelleira Mayor, Presidente de APREVAR e organizador do evento.

Abelleira salientou a calidade dos vehículos que enchen o salón, “que pasan moitos por novos”; neste senso o Salón do VO é un dos pilares dos concesionarios de Lugo, dado o seu alto volume de ventas. Lugo é ademais unha provincia importadora de vehículos dada a súa dispersión xeográfica.

Dos datos ofrecidos por Luis Abelleira destaca tamén a proporción na provincia de vehículos usados con respecto aos novos: por cada novo, cóntanse dous usados. De ahí a importancia dun salón coma o que hoxe se inaugurou.

O mercado do vehículo usado, concluiu Abelleira, crece cada vez máis, mentres que o do novo permanece estancionado. En 2006, o mercado do usado alcanzou na provincia de Lugo os 70 millóns de euros en facturación.

Pola súa banda Ramón Cortés felicitou á organización pola organización deste novo salón, que destaca pola calidade dos seus vehículos e porque ofrece mellores precios. Neste senso, resaltou a importancia que teñen para as familias lucenses os automóbiles; as casas necesitan dous ou tres vehículos, e non é necesarío que sexan todos novos.

Finalmente, López Orozco resaltou a importancia deste Salón, polo seu alto volume de ventas á vez que salientou, unha vez máis, a importancia do Pazo de Feiras e Congresos como centro de actividade e negocio esencial para a cidade de Lugo e para toda a provincia.

Do mesmo xeito, incidiu o alcalde de Lugo na importancia de fomentar un mercado feiral no que o beneficio é sempre seguro. Do mesmo xeito, dende o recinto feiral Lugo explota e aproveita máis os seus recursos centrados nos negocios e nas actividades comerciais.

Horarios
Do 1 ao 3 de xuño de 2007, de 11:00 a 21:00 horas.
Inauguración, 1 de xuño ás 11:15 horas.
Entrada: 2 € (gratuíta menores de 12 anos).

Servizos
Restaurante e cafetería, a cargo de Lugo Catering.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova