Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello propón para o Camiño Primitivo a mesma protección que a ruta francesa


# Venres, 30/03/2007
Gómez Besteiro resalta o consenso logrado coa medida de que 33 metros es suficiente

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, deu conta esta mañá da reunión mantida entre os tres voceiros dos partidos políticos con representación municipal para debater sobre as imposicións da Consellería de Cultura en canto ao Camiño Primitivo e a catalogación de edificios privados.

O Concelleiro explicou que, nun ambiente de consenso porque se respecte a autonomía municipal, acordaron acollerse á mesma normativa e restriccións do Camiño Francés, que reserva tres metros de protección por cada lado máis outros 30.

Indicou o Concelleiro "que non ten sentido que impoñan cen metros, cando o Camiño Francés, o máis coñecido e utilizado e tamén o único que está regulado por lei, tén só estes 33 metros".

Por outra banda, o Concelleiro explicou que na reunión seguiron todo o percorrido do Camiño, dende Gondar até Mera, chegando a consenso sobre os distintos tipos de restricción dependendo da calificación do solo.

Así, nas zonas de solo urbán consolidado, todas as construccións públicas e espazos libres de construcción que se atopan nese ámbito de actuación do camiño se incorporan ao seu réxime de protección. O Concelleiro explicou que no ámbito urbano existe tamén o PEPRI, que protexe tanto o Camiño como as construccións xuntas.

Así mesmo, nos solos urbanos non consolidados vixiarase que as construccións e espazos públicos sexan os adecuados, pasando a ser o Camiño o protagonista e centro de actuación.

Na categoría de solo rural e rústico, respectaranse tamén as construccións tradicionais próximas ao Camiño como os peches tradicionais dentro dese ámbito de protección.

Indicou tamén que o tema da catalogación de edificacións privadas será tratado na próxima xuntanza da comisión, unha vez rematada a Semana Santa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova