Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Corporación asiste o domingo ao primer acto relixioso do Corpus


# Martes, 05/06/2007
Será unha misa seguida de procesión ás doce

O Concello de Lugo inicia o domingo os actos de celebración da festividade do Corpus, na que destaca principalmente a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano estará a cargo do Alcalde da Coruña e que se celebrará o domingo día 17.

Os actos previos á ofrenda terán lugar este domingo, día 10, na propia festividade do Corpus Cristi. Consistirán nunha misa, ás doce, na Catedral seguida de procesión. Asistirá á mesma a Corporación lucense presidida polo Alcalde.

O día 16 celebraranse as solemnes vísperas de Corpus, ás oito da tarde, tamén na Catedral. Neste acto estarán o Alcalde da Coruña e tamén o de Lugo.

O día da Ofrenda, o 17, ás doce da mañá, as Corporacións de Lugo e A Coruña, serán as protagonistas deste acto, que se ven realizando en Lugo dende 1672 por parte dos representantes das sete capitais do antigo Reino de Galicia.

Este acto solemne realízase só en Lugo, aínda que cada ano é unha cidade a encargada desta ofrenda. O ano pasado este honor recaeu sobre o actual Alcalde de Lugo, José López Orozco.

Nesta ofrenda participarán tamén os alcaldes do Reino de Galicia das outras cidades (Betanzos, Santiago, Mondoñedo, Ourense e Tui), os Presidentes das catro Deputacións Provinciais, as primeiras autoridades de Galicia e tamén outras de Lugo.

A Ofrenda realízase no transcurso dunha misa que se celebrará a partir das doce na Catedral.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova