Imprimir

A MESA DE CONTRATACIÓN ADXUDICA OS SERVIZOS DE TELEFONÍA MÓBIL DO CONCELLO POLA METADE DO PREZO ACTUAL


30/1/2007

A Mesa de Contratación celebrada esta mañá adxudicou os servizos de telefonía móbil do Concello de Lugo pola metade do prezo actual, conseguindo así un aforro superior ó 50% segundo afirmou o Concelleiro de Economía, Francisco Liñares. Movistar foi a empresa adxudicataria cun prezo de 57.347 euros ó ano seguindo o patrón de consumo municipal. As outras dous empresas, Vodafone e Orange, ofrecían propostas máis custosas para as arcas municipais.

É de subraiar o aforro conseguido tamén nas chamadas a móbiles corporativos, xa que o prezo por minuto pasou de 0,28 euros a 0,0139 euros.

Por outra banda, a Mesa de Contratación tamén adxudicou 2 xogos infantís na cidade e a construción de pavimento amortecedor nun terceiro.

Os xogos novos estarán en Augas Férreas e en Fonte dos Ranchos. O primeiro correrá a cargo da empresa HPC por un total de 63.810 euros. O de Fonte dos Ranchos será obra de LAPSET por un importe de 51.769 euros. Con respecto ó pavimento amortecedor, será colocado no parque infantil de Aceña de Olga pola empresa Manuel Jesús Villaverde por um total de 50.390 euros.