Imprimir

O CEI ACOLLE UNHA NOVA XORNADA FORMATIVA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á EMPRESA


3/1/2007 A conferencia da especialista mundial Stefanie Krauss protagoniza o acto

O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolle mañá, a partir das dez da mañá, unha nova xornada de formación baixo o título As novas tecnoloxías na empresa galega. Esta actividade está organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.

O acto estará fundamentado na conferencia que ofrecerá Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa. De feito, recibiu o premio ao mellor directivo do ano 2006 na categoría Pymes. As súas intervencións son solicitadas por todo o mundo, polo que supón un luxo a súa estadía en Lugo.

O acto abrirase cunha intervención do Alcalde para continuar coa participación de Pastor Fuenteseca, Director de colocación da Xunta de Galicia. Así mesmo, está prevista participación doutros ponentes, como Fernando Montalbán Maseda, de Delux consultoría y desarrollo, e de Daniel Vázquez.

O Alcalde aproveitará a ocasión para facer unha relación do impulso económica e laboral que supuxo para Lugo o Centro de Empresas e Innovación.