Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI acolle unha xornada para a integración laboral das persoas con discapacidade


# Martes, 09/01/2007
Está incluída dentro do proxecto Lugo Social da iniciativa europea Equal

O Centro de Empresas e Innovación acollerá o próximo martes unha xornada laboral co título Integración Laboral e Novas Tecnoloxías. O camiño cara a igualdade. Trátase dunha xornada organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio e pola de Muller e Benestar Social.

Así, esta actividade foi presentada hoxe polas Concelleiras responsables destas áreas, Eva Real e Carmen Basadre. Está incluída dentro do proxecto Lugo Social, da iniciativa europea Equal, e confinanciada polo Fondo Social Europeo.

"Con esta actividade preténdese facer unha chamada de atención aos empresarios para que coñezan as vantaxes que representa a contratación de persoas con minusvalías", dixo Eva Real. Por tanto a integración laboral deste colectivo e as novas tecnoloxías serán o tema central desta xornada coa que se pretende incentivar o mercado de traballo "para que chegue a unhas condicións de igualdade reais".

Pola súa banda, Carmen Basadre suliñou que para que se produza unha verdadeira integración social e para chegar ao pleno emprego ten que producirse a incorporación deste colectivo ao mundo laboral, "que é cando se produce realmente esa igualdade".

Así mesmo, indicou que nesta xornada poderá coñecerse a figura do asistente persoal, así como algúns das peculiaridades da nova Lei de Dependencia, que permitirá dar os pasos necesarios para a integración deste colectivo, en especial dos que padecen unha grande discapacidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova