Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI tutelou este ano a formación de 65 novas empresas


# Martes, 23/01/2007
Unhas 105 persoas atoparon traballo neste tempo dentro das novas firmas

Un total de 65 empresas formáronse no último ano dentro do Centro de Empresas e Innovación, seis delas co calificativo de Iniciativa Local de Emprego. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real.

Explicou tamén que un total de 320 persoas recibiron asesoramento e formación para a creación e xestión dunha empresa. Os aspectos que xeneran máis consultas é o acceso ao financiamento e o sistema xurídico da empresa.

Por outra banda, indicou que o risco é o aspecto que máis desanima para dar o paso ao emprededor, "o mesmo que o fracaso".

Segundo os datos que manexa o CEI, as mulleres son máis meticulosas á hora de realizar os trámites pero tamén máis indecisas para tomar a decisión final.

O semilleiro de empresas do CEI puxo a disposición dos emprendedores tutelaxe e asesoramento en todo o proceso formativo das empresas e serviu de base para todas as consideradas pola Consellería de Traballo Iniciativa Local de Emprego ou Iniciativa de Base Tecnolóxica. Así mesmo realizou formación para a busca de emprego de 685 persoas.

Eva Real indicou que cada vez máis mulleres protagonizan a iniciativa emprendedora. O seu perfil normalmente é de muller nova, con estudos universitarios e con experiencia laboral por conta allea, sen que se corresponda coa súa titulación. As emprendoras non superan o 40% do total.

Por todo isto, Eva Real explicou que o CEI consolídase como un centro de referencia en asesoramento e tramitación, ademais de estar equipado coas últimas tecnoloxías.

O ano pasado celebrou por primeira vez o Día do emprendedor cun calendario de actos no que participaron máis de 600 persoas, "o que pode calificarse dun éxito, xa que moitos dos asistentes tomaron nese momento a decisión de seguir esta vía de autoemprego", dixo.

Neste centro comezou a funcionar o Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitacións (PAIT), que permite a posta en marcha dos trámites para a creación dunha empresa sen a presenza física do interesado en todo o proceso. Por outra banda, este PAIT serve para axilizar os trámites. Eva Real dixo que o récord de formación dunha empresa están en 48 horas, aínda que o normal son varios días.

Creadas a través do PAIT foron dez empresas. Como complemento deste sistema estase a pechar a posta en marcha da ventanilla electrónica única para os empresarios, que permitirá a realización de todos os trámites municipais de forma completa e en rede, agochado dentro do proxecto xenérico de Lugo Dixital.

Eva Real insistiu en que estas novas empresas incentivaron a creación do emprego na cidade, con 105 postos de traballo de nova creación, cunha media de 7 por cada empresa creada neste tempo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova