Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI asesorou a 46 proxectos empresariais no primeiro trimestre deste ano


# Xoves, 22/03/2007
A ocupación do Centro de Empresas e Innovación acada o 93%

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a inauguración dos actos do Día do Emprendedor, que comezaron esta mañá no Centro de Empresas e Innovación. O rexedor relatou que “ó longo do 2006 o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo prestou asesoramento a preto de 600 persoas”, que o 93% do CEI xa está ocupado e que no primeiro trimestre do ano prestouse asesoramento a 46 proxectos empresariais.

No que vai de ano (1º trimestre de 2007) dende o CEI prestouse asesoramento a 46 proxectos dos que catro están avanzados en fase de constitución (dous deles no semilleiro de empresas), outros catro en tramitación como Iniciativas Locais de Emprego, polo seu carácter innovador, e os demais en fase de estudo.

A ocupación do Centro de Empresas e Innovación é do noventa e tres por cento (93%). Na actualidade, ten instaladas unha vintena de empresas. Dos vinteseis locais existentes só están libres 2 de 32 metros cadrados a disposición dos emprendedores. A media de contratos directos por empresa sitúase en oito. As novas empresas incentivaron a creación duns 115 postos de traballo de nova creación.

Estes datos foron algúns dos que se deron a coñecer na inauguración dos actos do Día do Emprendedor, que continuarán este venres. López Orozco estivo acompañado na inauguración oficial polo Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación –Antonio Vázquez-, o Vicerreitor adxunto de Investigación do Campus de Lugo –Agustín Merino-, unha representante da CEL –Carmen Castelao- e o Vicepresidente da Cámara de Comercio –Jesús Pernas-.

O Alcalde animou ós emprendedores a aproveitar os novos fondos europeos que virán a Galicia, preto de 4.800.000 euros. O CEI consolídase pois como un centro de referencia en asesoramento e tramitación para os emprendedores, ademais de estar equipado coas últimas tecnoloxías. Por iso, López Orozco felicitou publicamente á Concelleira de Promoción Económica, Eva Real.

Perfil do emprendedor

600 persoas tiveron asesoramento o ano pasado no CEI, consultas realizadas, na maioría dos casos, por emprendedores na busca de información para iniciar a súa actividade por conta propia.

A tipoloxía do emprendedor é:

- Unha persoa entre 30 e 35 anos
- Sin titulación universitaria (72%)
- Con titulación universitaria (28%)
- 60% homes
- 40% mulleres

As actividades preferentes son:

- Hostelería
- Actividades diversas de servizos ás persoas
- Comercio menor
- Comercio maior
- Construción
- Outras actividades empresariais e profesionais

As formas xurídicas máis adoptadas son:

* Traballador Autónomo
* Sociedade Limitada
* Sociedade Limitada Nova Empresa
* Comunidade de Bens
* Sociedade Limitada Laboral

No ano 2006 foron tramitadas catro Iniciativas Locais de Emprego:

- Lucense de Barnizados e Acabados, innovación baseada na incorporación de tecnoloxía punta que permite elevados niveis de eficiencia na producción, incrementando a diversidade de productos e servizos. Supón, creación de emprego estable de alta calidade a través da aplicación de coñecementos técnicos e científicos, (traballadores técnicos de alta cualificación)

- Ardinova, consultoría TIC; ofrece solucións informáticas completas con incorporación de tecnoloxías baseadas en software libre; desenvolvendo así mesmo proxectos de I+D+i a medida para empresas dentro do ámbito das TIC.

- Egafa Produccións, organización de recreacións históricas e turismo cultural e patrimonial.

- Cimesa, é a primeira empresa con capital netamente galego, que se adica ó control de instalacións industriais como “Organismo de Control Autorizado” (OCA)

Principais consultas

As consultas refírense principalmente á busca de financiamento (axudas, subvencións, préstamos subvencionados) nun 67% dos casos e solicitude de axuda nos diferentes procesos de tramitación e posta en marcha da empresa nun 33%.
Ademais realizarónse diversas charlas de difusión da cultura emprendedora das que foron beneficiarias unhas 600 persoas (estudantes de diversos ciclos e demandantes de emprego).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova