Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal continúa co programa de animación á lectura


# Mércores, 06/06/2007
A actividade do xoves, ás seis e media da tarde, será un taller de ilustración

A Biblioteca Municipal, situada no parque da Milagrosa, acollerá mañá, xoves, unha nova actividade organizada dentro do ciclo promovido para a animación á lectura e contacontos, que organiza a Concellería de Cultura de Lugo, que dirixe Concepción Burgo.

A actividade de mañá será un taller de ilustración a cargo de Noemí López, co seu horario habitual das seis e media da tarde.

O programa de animación á lectura lévase a cabo dende o mes de marzo e ten prevista a súa finalización o 21 de xuño. Consistiu este tempo na celebración de distintas actividades dous xoves ao mes. A última actividade será unha actuación do clown Rudie Dudie co título “Clowntanimatium”.

Este amplo programa está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca, que xa están dando os seus froitos no aumento do número de préstamos e socios.

Durante este tempo houbo contacontos, charlas sobre María Mariño (a escritora homenaxeada nas próximas Letras Galegas), talleres e varias actividades infantís dentro da Feira do Libro, entre outras.

Este programa de animación forma parte das políticas postas en marcha para impulsar a Biblioteca Municipal. A Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, ten previsto para o próximo mandato aumentar o orzamento municipal nesta dotación, mellorar as súas instalacións, solucionar os problemas de falta de espazo, comprar máis fondos e organizar máis actividades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova