Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 250 persoas reciben os seus diplomas pola participación nos cursos do CEI


# Martes, 17/04/2007
Un total de 20 accións formativas impartíronse dende setembro amparadas pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo

O Alcalde, de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Delegado da Consellería de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, fixeron entrega hoxe dos diplomas ás 262 persoas que recibiron formación durante o ano 2006 nos cursos organizados polo Centro de Empresas e Innovación.

Este grupo de alumnos formouse no Centro de Empresas a través de 20 accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á empresa.

Trece destas accións englóbanse dentro do Plan FIP, concedidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e financiadas polo Fondo Social Europeo.

Estaban destinados principalmente a mozos e mozas desempregados, aínda que nalgúns deles tamén participaron mozos e mozas ocupados. O tanto por centro de inserción laboral despois de realizado o curso chega até o 40%. Estes datos espérase que melloren xa que a cifra de inserción laboral real non poderá certificarse até o prazo dun ano, ao tratarse de cursos especializados.

O Concello investiu un total de cen mil euros nesta formación, para a que a Xunta aportou 178.969 euros a través do Fondo Social Europeo.

Os cursos realizáronse en grupos reducidos para fomentar a participación e utilizaron os materiais aportados pola infraestrutura do Centro de Empresas, coa última tecnoloxía.

Os cursos realizados dende outono concedidos pola Consellería de Traballo e financiados polo Fondo Social Europeo foron:

  • Administrador de Sistemas Windows
  • Técnico en Software Ofimático Libre
  • Técnico en Creación de Portais web con Software Ofimático Libre
  • Seguridade Información na Empresa
  • Técnico en Deseño e Animación 3D
  • Programación Avanzada en Ajax
  • Administrador de Sistemas Linux
  • Experto en Comunicacións Móbiles e Redes Wireless
  • Técnico en Sistema de Intelixencia de Negocios
  • Experto en Xestión e Execución de Proxectos de Coaching
  • Tecnoloxías Inalámbricas
  • Dirección e Xestión De Proxectos
  • Técnico en Xestión Loxística

Pola súa banda, o Concello financiou de forma exclusiva:

  • Negocio Electrónico na PEME
  • Marketing na Era da Internet
  • Aplicacións dos Sistemas de Información Xeográfica Sigpac, Google Maps: Utilidade Na Empresa
  • Migración ó Entorno Linux
  • Como Protexerse de Virus Informáticos
  • Redes Virtuais de Traballo, Intranet e Colaboración Empresarial en Tempo Real
  • Comercio Electrónico para a PEME: Seguridade nas Transaccións Electrónicas



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova