O Alcalde, de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Delegado da Consellería de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, fixeron entrega hoxe dos diplomas ás 262 persoas que recibiron formación durante o ano 2006 nos cursos organizados polo Centro de Empresas e Innovación.
Este grupo de alumnos formouse no Centro de Empresas a través de 20 accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á empresa.
Trece destas accións englóbanse dentro do Plan FIP, concedidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e financiadas polo Fondo Social Europeo.
Estaban destinados principalmente a mozos e mozas desempregados, aínda que nalgúns deles tamén participaron mozos e mozas ocupados. O tanto por centro de inserción laboral despois de realizado o curso chega até o 40%. Estes datos espérase que melloren xa que a cifra de inserción laboral real non poderá certificarse até o prazo dun ano, ao tratarse de cursos especializados.
O Concello investiu un total de cen mil euros nesta formación, para a que a Xunta aportou 178.969 euros a través do Fondo Social Europeo.
Os cursos realizáronse en grupos reducidos para fomentar a participación e utilizaron os materiais aportados pola infraestrutura do Centro de Empresas, coa última tecnoloxía.
Os cursos realizados dende outono concedidos pola Consellería de Traballo e financiados polo Fondo Social Europeo foron: